LUGO

O Albergue Lug2 é o buque insignia dos albergues propiedade da Xunta de Galicia na nosa comunidade autónoma. Está situado no Centro de Lugo pero ás beiras do río Miño a escasos metros (20 minutos a pé).

Sobre a base da anterga residencia universitaria Eijo Garay constrúese hai catro anos un albergue que forma parte dun complexo Xuvenil rodeado por un parque e moi preto do mesmo parque de Rosalía, pulmón da cidade de Lugo así como do río Miño.

O albergue conta con tódalas comodidades posibles e o luxo de que os rapaces poidan durmir en habitacións dobles ou triples con baños. Ademáis dun gran salón de actos, salas de actividades, sala de xogos,… e un longo etcétera.

O centro foi totalmente reformado no 2008 e ten unha capacidade para 75 persoas e sendo as súas características do complexo as seguintes:

-Dormitorios femeninos e masculinos dobles ou triples con baño.

-Teléfono.

-Internet con wifi en toda a instalación

-Servizo de restauración propio.

-Servizos .

-Duchas compartidas cada catro rapaces ou rapazas.

-Salas de actividades, salas para monitores, porque cuberto para actividades.

-Aparcadoiro.

- Zona verde e xardíns.

-Varios almacéns de material

-Zona de acampada externa

-Calefacción en todo o recinto

-Campo de area para xogos

- Aula de informática

- Aulas de edición de video e de edición gráfica

- Locais de ensaio

Na pranta baixa sitúase a zona común coa recepción, o salón de actos e baños ademáis das cociñas, o comedor; na primeira planta atópase a zona de despachos e oficiñas ademáis das salas de actividades así como tres aulas informatizadas con 50 póstos de ordenadores conectados a internet e unha zona de dormitorios. Na planta superior temos tres zonas diferenciadas de dormitorios.

As zonas de dormitorios ademáis teñen unha división vertical de tal xeito que se queremos podemos facer independentes diferentes partes dos mesmos.

No exterior temos unha zona axardinada con céspede, outra zona en area, outra máis axardinada con céspede e un porche que coñecemos como “futbolín” polo aparello que protagoniza tan fastuosamente o lugar.

Para máis información: www.lug2.com e coa calidade de Reaj (Red de Albergues Juveniles) e Hi Hostels International.